Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha tubaxe de auga quente explota e causa outra derruba dun falso teito na entrada do CHUO

Unha tubaxe de auga quente explota e causa outra derruba dun falso teito na entrada do CHUO

Este suceso ocorre 11 días despois dun desprendemento no servizo materno-infantil

Fontes do CHUO confirmaron os feitos e aseguraron que a avaría se reparou "inmediatamente", recuperando a plena normalidade en menos de 30 minutos

G24.gal 09/04/2025 21:34

Unha tubaxe de auga quente rebentou na entrada do Edificio Cristal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), o que provocou a caída dunha parte do falso teito 11 días despois de que ocorrese o mesmo no servizo Materno Infantil.

Segundo trasladaron fontes sindicais, o accidente ocorreu na mañá deste mércores, sobre as 10:00 horas, cando un cano de auga rompeu, causou este desprendemento e creou unha fervenza de auga que asolagou a primeira planta, o soto -1 e que alcanzou a zona de laboratorios.

Desde o sindicato de Enfermería Satse manifestaron que non é a primeira vez que ocorre algo así e aseguraron que é "algo divino" que non estivese a pasar ninguén nese momento, porque é unha zona de paso que sempre está chea de xente.

Nesta liña, a organización valorou que é un dano "importante", xa que a escaiola do teito segue mollada e, no momento que se poñan a arranxala, terán que cortar o corredor ao público.

Pola súa banda, fontes do CHUO confirmaron os feitos e aseguraron que a avaría se reparou "inmediatamente", recuperando a plena normalidade en menos de 30 minutos grazas á "rápida intervención" dos servizos de mantemento e limpeza do hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade