Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a agresión a un home no Carballiño, que permanece en estado grave

Investigan a agresión a un home no Carballiño, que permanece en estado grave

Dúas persoas localizaron de madrugada a vítima, de 43 anos, inconsciente na rúa

A entrada das Urxencias do CHUO A entrada das Urxencias do CHUO
G24.gal 07/12/2024 16:15 Última actualización 07/12/2024 16:42

A Garda Civil de Ourense investiga a agresión nocturna a un home no Carballiño que se atopa en estado grave no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Segundo detallan fontes coñecedoras do suceso, dúas persoas localizaron a vítima, de 43 anos, inconsciente na rúa sobre as cinco da madrugada.

Nun primeiro momento trasladárono ao Punto de Atención Continuada pero logo tivo que ser evacuado ao centro hospitalario, onde permanece ingresado.

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer os feitos e, polo momento, non descarta ningunha hipótese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade