Cargando resultados...
Un veciño de Lugo foi o gañador dun millón de euros no sorteo do Euromillóns
Un veciño de Lugo foi o gañador dun millón de euros no sorteo do Euromillóns selado na administración das galerías de Santo Domingo
G24.gal
05/03/2025 13:59
Un veciño de Lugo foi o gañador dun millón de euros no sorteo do Euromillóns selado na administración das galerías de Santo Domingo.
Por esta administración pasan centos de persoas na busca de fortuna e, unha vez máis, a sorte sorriulles. A persoa agraciada seguro que non esquecerá este Entroido.
Este é o segundo premio en poucos días na cidade das murallas, xa que o pasado 18 de febreiro tocou outro boleto selado no bar Madeira, nas Fontiñas.