Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Millón do sorteo de Euromillóns cae en Ponteceso

O Millón do sorteo de Euromillóns cae en Ponteceso

O boleto premiado validouse no estanco do lugar de Pazos de Abaixo

O agraciado é posuidor do código CWX38402

Estanco de Pazos de Abaixo, Ponteceso Estanco de Pazos de Abaixo, Ponteceso
G24.gal 08/06/2024 11:59

A fortuna visita outra vez a Costa da Morte e en concreto a comarca de Bergantiños. Desta volta o boleto agraciado co Millón do Sorteo Euromillóns deste venres validouse no estanco do lugar de Pazos de Abaixo en Ponteceso de apenas 200 habitantes.

O código gañador é o CWX38402. O afortunado posuidor recibe a cantidade de 1.000.000 de euros.

No sorteo non houbo este venres acertantes de primeira categoría, de xeito que o bote ascende agora a 144 millóns de euros.

A combinación gañadora foi a dos números 30-26-15-37-16 e as estrelas 08-05. En España houbo un premiado de segunda categoría, validado en Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar