Toca un millón de euros en Sandiás o mesmo día da Lotaría do Nadal
Toca un millón de euros en Sandiás o mesmo día da Lotaría do Nadal
O sorteo do Euromillóns deixou na provincia máis cartos que o Gordo da Lotaría, pero para un único acertante
A poucos quilómetros de Xinzo, onde se vendeu un décimo do gordo de Nadal, o bar-estanco-administración de lotaría O Encontro repartía un premio moito máis grande: un millón de euros.
"É do Euromillón. Tocoulle un millón de euros. Esperamos que sexa de aquí", asegura o loteiro Manuel Nogueiras Prieto.
En Sandiás hai 1.200 habitantes. O loteiro confía en que a sorte fora dar con algún, pero de momento todo son especulacións.
"Nin idea, un afortunado, iso si".
"Eu sempre dixen que me ía tocar a min, pero de momento no tiven sorte".
De paso, hai quen se anima a probar sorte.
"Xa está a miña avoa pensando en coller a dos Reis", di outra rapaza.
O caso é que aquí poden presumir de repartir cartos. Levan uns anos abertos e xa deron varios premios.
"No 2019 demos 200.000, e no 2020 demos 57.000, e no 2021, 65.000", enumera Manuel.
O mesmo sorteo deixou máis cartos por España adiante, e sobre todo en Portugal, onde un acertante de primeira categoría cobrará 55 millóns e medio de euros.