Entrega dos Premios San Clemente 2025, valorados por un xurado de estudantes de institutos europeos
O escritor galego Antón Riveiro Coello, o chileno Alejandro Zambra e a británica Maggie O'Farrell, foron premiados nesta edición

Este martes entregáronse os Premios San Clemente, valorados por un xurado de estudantes de bacharelato de diversos institutos europeos. Organizados polo IES Rosalía de Castro de Santiago, os galardóns chegan este ano á súa edición 28 consolidando a súa aposta por implicar aos alumnos na selección dos mellores libros do ano.
O escritor galego Antón Riveiro Coello, o chileno Alejandro Zambra e a británica Maggie O'Farrell, foron algúns dos premiados nesta edición nas categorías de novela en galego, en castelán e internacional respectivamente, manifestaron a súa satisfacción por recibir un recoñecemento tan especial.
A entrega de galardóns, seguida dunha cea de honra no Hostal dos Reis Católicos, contará coa presenza do conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodríguez; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García.