Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un condutor que publicou un vídeo en Internet circulando a 220 km/h por Lugo

Investigan un condutor que publicou un vídeo en Internet circulando a 220 km/h por Lugo

A Garda Civil impútalle un delito contra a seguridade viaria

G24.gal 06/02/2025 11:27

Un condutor que circulaba a 220 quilómetros por hora na LU-11, entre Nadela e A Tolda de Castela, en Lugo, está investigado por un delito contra a seguridade do tráfico tras gravarse en vídeo e subir o contido ás súas redes sociais.

A Garda Civil tivo constancia o pasado mes de novembro da existencia deste vídeo no que se podía ver como un condutor ía co seu vehículo a 220 quilómetros por hora nunha vía limitada a 100 quilómetros por hora.

O Instituto Armado puxo en marcha unha investigación policial para determinar o día, a hora e o lugar no que foi realizada a gravación, para posteriormente dar coa matrícula do vehículo utilizado e identificar o condutor.

“A identificación do condutor do turismo esixiu un traballo de investigación máis laborioso”, recoñece a Comandancia de Lugo nun comunicado, dado que foi necesario realizar unha “análise exhaustiva e profunda das redes sociais”.

O condutor está sendo investigado por un delito contra a seguridade viaria por conducir a unha velocidade excesiva. Instrúe dilixencias o Xulgado de Garda de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade