Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan a María León a 5.700 euros de multa por delitos de resistencia e lesións a unha policía

Condenan a María León a 5.700 euros de multa por delitos de resistencia e lesións a unha policía

A actriz deberá, ademais, indemnizar con cen euros a axente afectada

María León sentada no xulgado de Sevilla. Leandro Wassaul. María León sentada no xulgado de Sevilla. Leandro Wassaul.
G24.gal 28/03/2025 16:06

O Xulgado do Penal número 12 de Sevilla condenou á actriz María León a dúas multas que suman 5.700 euros por delitos de resistencia e de lesións leves a unha axente da Policía Local hispalense no marco da súa detención por un incidente nocturno.

A actriz deberá, ademais, indemnizar con cen euros a axente afectada.

A artista foi absolta do delito de desobediencia que tamén se lle atribuía e aplícaselle a atenuante de reparación do dano polo diñeiro consignado antes do xuízo.

Na súa sentenza, o xulgado declara probado que aquela madrugada do 1 de outubro de 2022, no marco do citado incidente, María León, "movida polo ánimo de opoñerse á actuación policial e asumindo causar con iso un menoscabo físico á axente, forcexou e lanzou unha puñada co brazo esquerdo á axente na fazula dereita, perdeu o equilibrio e caeu ao chan, desde onde lle lanzou tamén unha patada, á vez que se dirixía a ela" insultándoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade