Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xulgan un home na Coruña por un dobre intento de asasinato

Xulgan un home na Coruña por un dobre intento de asasinato

Enorme contraste entre a Fiscalía, que pide catorce anos por dous intentos de asasinato, e a acusación, que o reduce a un ano por quebrantar a orde de afastamento

O detido, que leva estes quince meses en prisión, recoñece un delito de lesións

G24.gal 27/03/2025 14:11

Xuízo na Coruña por un dobre intento de asasinato. O acusado enfróntase a catorce anos de prisión por agredir unha exparella da muller que tamén fora parella del diante dela. 

"Estábame provocando", dixo o acusado a preguntas do fiscal.

O acusado entrou nun bar da Coruña a madrugada de Noiteboa do 2023, sabendo que dentro estaba a súa exparella, da que tiña unha orde de afastamento, cun grupo de acompañantes, un deles tamén exparella da muller.

"Dicíame que o supere", engadiu.

Así que o detido saíu do bar, colleu un coitelo que viu tirado na rúa, segundo relatou, volveu entrar e leouse.

"Quebrantou a orde de afastamento e a continuación saíu do bar e volveu entrar cun coitelo e agrediu un dos acompañantes que estaba coa miña clienta, pero a ela non fixo ningún intento ni ningún amago de lesionala nin provocarlle ningún dano físico", explica a avogada da muller.

É a clave deste xuízo. A acusación só pide un ano de prisión por ese incumprimento da orde de afastamento. A fiscalía, pola súa parte, solicita catorce por dous intentos de asasinato, un contra o home que recibiu as coiteladas e outro contra a muller. 

O acusado, en prisión estes quince meses, recoñece as lesións por celos, pero non intención de matar.

"Estamos nunha tentativa de asasinato onde temos unhas lesións que foron sete días non impeditivos, é dicir, foron lesións mínimas. Se quixese matar a alguén, conseguiríao ou polo menos as lesións serían moito peores, moito máis graves. Existen unhas lesións cun instrumento perigoso, iso si que o recoñecemos, pero non había ese afán de matar a ninguén e moito menos a que fora súa parella", sinala o avogado da defensa.

A defensa vai alegar un problema de alcolismo. Tanto a muller como a única persoa que quedou lesionada confirmaron, a preguntas do fiscal, que ía "tomado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade