Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns investigadores da UVigo desenvolven un sensor para eliminar antibióticos do mar

Uns investigadores da UVigo desenvolven un sensor para eliminar antibióticos do mar

A resistencia aos antibióticos é unha das dez ameazas principais da humanidade, segundo a Organización Mundial da Saúde

O proxecto do Centro de Investigación en Nanotecnoloxía permitirá eliminar a presenza destes fármacos da auga mariña

G24.gal 15/03/2025 16:35 Última actualización 15/03/2025 17:10

Identificar cales son os antibióticos que teñen unha maior presenza no mar e fabricar os materiais que mellor van permitir detectalos é o primeiro paso do proxecto que teñen entre mans no Centro de Investigación en Nanotecnoloxía e Medicina da Universidade de Vigo.

"A día de hoxe non hai unha ferramenta que permita a identificación dos antibióticos en tempo real no medio acuático. Para o sistema mariño, que está en contacto durante toda a súa vida con esas concentracións, poden alterar o seu ciclo de vida e poden axudar a xerar resistencia antimicrobiana", di Miguel Ángel Correa, director do CINBO.

Segundo a OMS, a resistencia das bacterias aos antibióticos é unhas das ameazas principais para a saúde no planeta. Neste laboratorio traballarán nos próximos tres anos para poder localizar estes fármacos no mar e ao mesmo tempo eliminalos.

"Usamos nanopartículas de ouro. Esas partículas teñen a vantaxe de que cando o antibiótico está na súa superficie, se as irradiamos cunha luz, cun láser, nós somos capaces de identificar que molécula está aí (...) cambiando a fonte, a luz que irradiamos, somos capaces de degradar o antibiótico. É o que pretendemos. Son procesos que se coñecen como oxidación avanzada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade