Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sonda Dragon, que rescatará os dous astronautas varados, axústase á EEI

A sonda Dragon, que rescatará os dous astronautas varados, axústase á EEI

Os dous cosmonautas foran por unha semana e levan na estación internacional máis de nove meses

Está previsto que regrese á Terra nunha amaraxe fronte á costa estadounidense, non antes do vindeiro mércores

G24.gal 16/03/2025 08:15 Última actualización 16/03/2025 11:26

A misión Crew-10 de SpaceX axustouse con éxito pouco despois da medianoite do leste dos Estados Unidos á Estación Espacial Internacional (EEI) co obxectivo de remudar catro astronautas, entre eles Suni Williams e Butch Wilmore, que foran por unha semana e levan máis de nove meses alí.

A décima tripulación comercial da NASA e a compañía de Elon Musk partira o sábado desde o Centro Espacial Kennedy, na Florida, propulsada por un foguete Falcon 9 e tras dous días de atraso por un problema hidráulico na torre de lanzamento. 

A bordo da nave Crew Dragon chegaron a comandante Anne McClain e a piloto Nichole Ayers, ambas as dúas da NASA; o xaponés Takuya Onishi, da axencia JAXA, e o cosmonauta ruso Kirill Peskov, de Roscosmos. 

Coa súa aterraxe pode comezar a planificación do retorno de William e Wilmore, que levan máis de nove meses na EEI, e dos membros da Crew-9, Nick Hague e o cosmonauta Aleksandr Gorbunov, que están na estación dende o 29 de setembro.

Os catro prevén regresar á Terra nesa mesma cápsula de SpaceX, cunha amaraxe programada fronte á costa estadounidense, non antes do vindeiro mércores.

William e Wilmore chegaran en xuño na Starliner de Boeing pero, tras detectaren varios fallos no aparello, a nave volveu sen tripulación.

A misión de regreso deses dous astronautas estivo envolta en polémica a nivel político, despois de que Musk reclamar unha misión de rescate rápida e de que o presidente Donald Trump acusara o seu predecesor, Joe Biden, de abandonalos sen ofrecer probas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade