Protestan pola futura localización do carril bici na zona da Sardiñeira, na Coruña
Esixen unha alternativa máis segura e funcional
Piden que se traslade á marxe máis próxima á estación intermodal
Na Coruña, algúns queren que se modifique o itinerario do carril bici proxectado nesta avenida da Sardiñeira.
"Hai varios punta en contra. O fundamental, a seguridade. Vai quedar polo lado dos veciños...". "Estaría mellor do outro lado porque así afecta os negocios", explican veciños e comerciantes da zona.
O que máis os amola é o aumento de perigosidade na zona.
"Ao saír dos portais pódennos levar por diante... Para ir tirar o lixo aos contedores teremos que cruzar...", explican.
E outros dos inconvenientes que atopan son a eliminación de zonas de carga e descarga, terrazas e tamén centos de prazas de aparcamento.
"Perdemos 500 prazas de estacionamento...". "As terrazas xa as tivemos que sacar...".
Por todo isto, veciños, comerciantes e hostaleiros esixen unha alternativa máis segura e funcional.
"Ten que ir polo outro lado, pegado á estación...". "Teñen que pensar nos veciños, non nos viaxeiros", din.
Malia que se amosan pesimistas, manteñen firme a súa postura confiando en que os responsables reconsideren o proxecto e prioricen, din, a seguridade, a accesibilidade e o benestar de todos.