Berra aos seus veciños de Vigo dende a ventá e a convivencia é complicada
Convivencia tensa no barrio vigués de Coia
Un home increpa a berros os seus veciños se considera que incumpren as normas
Problemas de convivencia nun inmoble do barrio vigués de Coia. Alí un veciño dedícase a recriminar a berros dende a súa ventá a quen considera que incumpre as normas. Grita aos que aparcan mal ou aos que non empregan o paso para peóns.
Os veciños están afeitos ao seu comportamento, levan moito tempo sufrindo esta situación pero a convivencia é complicada. Pensan que pode ter un problema de saúde mental.
O pasado martes, o estado de nervios do home obrigou á presenza da policía no inmoble. Negábase a saír da casa e os bombeiros interviñeron para poder trasladalo a un centro médico pero xa está de volta na casa. Conscientes da situación os veciños agardan que reciba axuda médica e familiar que precisa para acabar con esta situación.