Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña leva sufrido un mes de falcatrúas no coche aparcado nunha parroquia de Dodro

Unha veciña leva sufrido un mes de falcatrúas no coche aparcado nunha parroquia de Dodro

Na última, pousáronlle unha pedra no teito do coche e rascárono no lateral de adiante a atrás

Imaxe do oco en que estaba aparcado o coche que foi obxecto de falcatrúas en Lestrobe durante as últimas semanas
G24.gal 19/03/2025 14:09

En Lestrobe non hai moito espazo para aparcar un coche e aprovéitase calquera recuncho en que non moleste a ninguén para deixalo. É o caso deste oco. Pero desde hai un mes a alguén deste lugar de Dodro non lle gusta ver aquí o coche da filla de Eva, e expresouno con falcatruadas:

"Aquí pode aparcar o meu fillo, como pode aparcar a miña filla, como pode aparcar calquera veciño. Empezamos a notar que quitaban un dos colectores do lixo e o poñían aquí aguantado con esas pedras. Non fixemos moito caso. Viña o camión da recollida e volvíano ao seu sitio. E así tres ou catro semanas. Ata o domingo, que veu miña filla. Serían as cinco da tarde ou as seis; cando marcharon, encontrouse con aquela pedra enriba do coche, pero... Quen foi, fíxoo con coidado e púxolle un papeliño de cociña por baixo, aínda que o raiou o mesmo máis unha rascada de adiante a atrás", explica Eva Santos, a nai da propietaria do coche prexudicado.

Supoñen que o autor da falcatrúa é un veciño, a quen lle piden que pase de feitos irracionais ao diálogo.

"Eu xa preguntei. E néganmo. Non vin a ninguén, pero é da aldea. É da aldea. Non hai máis", conclúe Eva.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade