En marcha un operativo contra o tráfico de drogas, con varios detidos e rexistros en Verín
A operación está dirixida polo Xulgado Mixto Número 1 de Verín, que decretou o segredo das actuacións
A Garda Civil desenvolve na mañá deste mércores unha operación contra o tráfico de drogas en varios puntos do municipio ourensán de Verín. O son dos rotores do helicóptero do instituto armado escoitouse durante toda esta mañá na vila. Hai rexistros en domicilios e garaxes e xa se informa de varios detidos. Á unidade aérea e aoss máis dunha trintenta de axentes que participan neste dispositivo, tamén se sumaron as unidades caninas.
Houbos rexistros na Avenida de Portugal, na rúa Luis Espadas e no barrio da Rasela. Polo momento, a operación, cunha trintena de axentes, segue en marcha baixo o segredo das actuacións e está dirixida polo Xulgado Mixto Número 1 de Verín.