Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian que os condutores non respectan os límites de velocidade nunha estrada de Ferrol

Denuncian que os condutores non respectan os límites de velocidade nunha estrada de Ferrol

Na parroquia de Serantes aseguran que os accidentes son frecuentes por facer caso omiso aos sinais

G24.gal 21/03/2025 14:16

Quéixanse da excesiva velocidade dos coches que circulan por unha estrada da parroquia de Serantes, en Ferrol. "Non respectan os sinais. E agora aínda bueno, pero no verán, os días de praia...".

Fan caso omiso aos sinais e por iso, segundo din, os accidentes de tráfico son frecuentes. Unha situación que tamén supón un perigo para os peóns: "Nesta zona hai nenos, persoas maiores e é un perigo. Por aquí é moi complicado cruzar".

E por iso, a veciñanza pide que se adopten as medidas necesarias para acabar con este problema: "Que coloquen unhas bandas rugosas ou un paso de peóns". 

Levan meses reclamando melloras de seguridade viaria. Mesmo agora pensan en emprender unha campaña de recollida de sinaturas. Todo, din, para evitar posibles danos irreparables.


 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade