Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Local de Lugo sorprende un falso taxista que levaba xente a unha discoteca

A Policía Local de Lugo sorprende un falso taxista que levaba xente a unha discoteca

O local de ocio nocturno situado ás aforas da cidade ofrecía como reclamo este servizo clandestino

Profesionais do sector do taxi advirten do perigo e denuncian competencia desleal

Promoción nas redes do servizo ilegal de viaxeiros
G24.gal 21/03/2025 13:49

A Policía Local sorprendeu en Lugo un falso taxista de 21 anos, que trasladaba dende o centro a clientela dunha discoteca situada ás aforas da cidade. Usaba para os desprazamentos unha furgoneta onde levaba grupos de ata oito persoas.

Un servizo clandestino que o local de ocio nocturno utilizaba como reclamo e que promocionaba a través das redes sociais. Levaba operando dende o mes de decembro, segundo os taxistas de Lugo.

Unha práctica que supón "un risco para as persoas pasaxeiras", advirte o presidente da asociación provincial de taxistas de Lugo, Jesús Rodríguez, ademais dun prexuízo para os profesionais, xa que constitúe unha competencia desleal.

Un dispositivo da Policía Local de Lugo permitiu interceptar o falso taxista, contratado en condicións de precariedade e sen as garantías mínimas de seguridade, segundo explican dende o corpo armado e o propio sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade