Deteñen un menor por atracar tres taxistas en 48 horas na Coruña
Dende o sector inciden en que foi un feito puntual e non perciben un aumento da inseguridade
Os tres asaltos producíronse nun prazo de 48 horas na zona de Monelos e Someso. Nos tres casos o presunto atracador actuou de noite e do mesmo xeito, ameazando cunha arma branca aos taxistas.
Desde o sector felicitan a Policía Nacional pola celeridade e eficacia na resolución do caso, porque en 24 horas identificaron e detiveron o presunto atracador.
Inciden tamén en que foi un feito puntual e non perciben un aumento da inseguridade. Pero para protexerse contan cada vez con máis medidas de seguridade a bordo do taxis. Ricardo Villamisar, presidente de Tele Taxi da Coruña relata que está xeolocalizados as 24 horas en contacto co 112, moitos dispoñen da App ALERTCOPS en contacto coa Garda Civil e outros instalaron sistemas de videogravación no interior dos taxis.
O detido ao que lle atribúen os tres atracos xa foi posto a disposición da Fiscalía de Menores.