Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños da recta de Rus, en Carballo, piden reforzar a seguridade viaria na zona

Os veciños da recta de Rus, en Carballo, piden reforzar a seguridade viaria na zona

Denuncian o exceso de velocidade co que circulan moitos vehículos

Na última década houbo cinco atropelos mortais neste punto negro da rede viaria

 

 

G24.gal 27/03/2025 14:38

Malia que os sinais son claros e os controis frecuentes, semella que cinco quilómetros de recta son demasiado tentadores para os que lles gusta pisar a fondo. 

"É moi longa e dache pé a pisarlle o coche"; "Como haxa rumores de que hai control de tráfico, baixan velocidade, se non, igual pasan a 140 ou 150"; "Arriba en Entrecruces hai un radar fixo, pero aquí non hai nada".

A recta de Rus, na estrada que une Santiago con Carballo, está rodeada de vivendas e servizos. Pero cruzala é unha odisea, segundo algúns peóns, que temen os atropelos e piden máis pasos de cebra.

"Temos que andar mirando para todos os lados, pendente duns e doutros, sempre con moito coidado"; "Como metas o pé, lévancho"; "Aínda que cruces co chaleco amarelo e tal, cando te das conta tes os coches enriba".

Os accidentes repítense cada ano neste punto negro da rede viaria. De feito, na última década houbo cinco mortos por atropelo neste treito de tan só 50 metros.

"A Garda Civil intensificou os controis a certas horas, pero segue sendo moi perigoso e segue habendo accidentes. Deberían avisar cun cartel que é un punto negro"; "Teñen que meter máis radares, é o único que funciona"; "Educación viaria é o que nos falta. En xeral, non a temos".

Quizais se a houbese, algún pensaría mellor iso de pasar a 142 quilómetros por hora nun 50, tal e como fixo un mozo esta semana no tramo máis perigoso da recta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade