O PP vai defender no Congreso a reparación urxente da N-640 en Lugo
Deputados do PP no Congreso, canda o alcalde de Monterroso, denunciaron nunha visita a un treito desta estrada entre Trabada e Vilagarcía o seu estado lamentable
Esixen un pavimento axeitado, sinalización visible e iluminación suficiente ante o prexuízo que causa a seguridade e tamén o desenvolvemento socioeconómico dos concellos polos que transcorre
O PP vai defender no Congreso que se inicie de xeito urxente a reparación integral da N-640 ante o risco que presenta para a seguridade viaria.
Deputados do PP de Lugo e de Pontevedra, canda o alcalde de Monterroso, comprobaron o estado da N-640, que vai desde Trabada ata Vilagarcía, neste concello e anuncian unha iniciativa no Congreso relativa á mellora desta estrada.
Aseguran que ademais do grave prexuízo para a seguridade viaria, a N-640 no seu estado actual impide o desenvolvemento socioeconómico dos concellos polos que pasa.
Pídenlle a Transportes que asegure a planificación e financiamento para o mantemento da estrada, para dispoñer dun pavimento adecuado, sinalización visible e iluminación suficiente para favorecer unha circulación segura e fluída a todos os que circulan por ela.
O deputado do PP por Lugo denuncia o que considera "abandono e maltrato" do goberno á provincia de Lugo en materia de infraestruturas e reclama investimentos para rematar a autovía a Santiago, as autovías con Ourense e A Mariña e a A-76 entre Ponferrada e Ourense que pasa por Monforte.