A Mesa do Congreso, con maioría de PSOE e Sumar, volve adiar o debate da transferencia da AP-9
Faino malia a existencia dun acordo unánime de PSdeG, BNG e PPdeG no Parlamento de Galicia
O PP de Vigo denuncia que o PSOE rexeita agora a supresión da peaxe Vigo-O Porriño que si lle reclamaba a Rajoy en 2018

A Mesa do Congreso dos Deputados, onde son maioría o PSOE e Sumar, volveu adiar este mércores o debate da transferencia da AP-9 que reclaman por unanimidade no Parlamento de Galicia PSdeG, BNG e PPdeG.
Con esta nova demora van 37. Os socialistas xustifican o aprazamento. O senador César Mogo considera que as prórrogas son habituais e que o fundamental son as bonificacións. O nacionalista Néstor Rego di que é inaceptable. E o parlamentario do PP Celso Delgado fala de aldraxe a Galicia.
Pola súa banda, o Partido Popular de Vigo denuncia que o PSOE local pediu xa en 2018 ao goberno de Mariano Rajoy a supresión da peaxe da AP-9 entre Vigo e O Porriño, que agora rexeitan. Os populares mostraron a acta do pleno onde se aprobou a moción por unanimidade. Acusan ao alcalde Abel Caballero de cambiar de postura por submisión a Sánchez.