Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG advirte de que o permiso ambiental a Altri "non dá acceso directo a recibir fondos europeos"

O PSdeG advirte de que o permiso ambiental a Altri "non dá acceso directo a recibir fondos europeos"

O europarlamentario Nicolás González Casares acusa a Rueda de estar "empeñado en enganar" os galegos co proxecto de Altri

G24.gal 15/03/2025 15:44

O europarlamentario galego e membro da executiva do PSdeG, Nicolás González Casares, lamentou este sábado que "parece que Rueda e a Xunta están empeñados en enganar" os galegos co proxecto de Altri en Palas de Rei (Lugo). Así, advertiu de que a aprobación da declaración de impacto ambiental -DIA- anunciada este venres "non dá acceso directo a recibir fondos europeos".

Neste sentido, sinalou que se trata de "un trámite máis" e lembrou que os fondos do Plan de Recuperación "requiren" cumprir co precepto de non facer un "dano significativo". Tamén explicou que se a empresa quere concorrer en competencia por estes fondos comunitarios "deberá pasar unha valoración que non fai a Xunta e que é máis profunda que a DIA".

González Casares cuestionou que o proxecto cumpra cos requisitos ambiental, social e económico, e advertiu de que desde o punto de vista ambiental "presenta serias dificultades".

Así mesmo, sinalou que "ninguén termina de explicar por que hai que darlle millóns de euros de diñeiro público a fondo perdido a unha celulosa" e fixo fincapé en que xa hai unha factoría de papel a 100 quilómetros ao norte e outra a menos de 100 quilómetros ao oeste.

Con todo, o PSdeG destacou nunha nota de prensa que a falta de licenza social resulta "evidente" ante o sentir "bastante maioritario" dos galegos en contra deste proxecto para instalar a macrocelulosa en Palas de Rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade