A Xunta reafirma o seu compromiso coa comunidade galega en Suíza
O conselleiro de Emprego e Emigración, Xosé Gómez, participou en Zürich no 44 aniversario da asociación cultural As Xeitosiñas e no Día da Familia
O programa Estratexia Galicia Retorna, dotado con 450 millóns de euros, busca favorecer o retorno de 30.000 galegos e descendentes
A Xunta reafirma o compromiso cos galegos residentes en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa. O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, Xosé González, participou en Zürich na celebración do 44 aniversario da Asociación Cultural As Xeitosiñas e do Día da Familia.
Gabou o traballo realizado nestas catro décadas. Conta cun grupo de gaitas e baile e ademais é unha das entidades promotoras do Camiño de Santiago nese país. En Suíza residen máis de 41.000 galegos, con 13 centros no rexistro da galeguidade.
A asociación As Xeitosiñas conta con case 250 socios e é unha referencia da galeguidade en Europa. Representa, di Xosé Gómez, un exemplo da preservación cultural co seu traballo a prol da promoción das tradicións e da cultura galegas, con accións relacionadas co Entroido, o día das Letras Galegas, o día de Galicia, o do Emigrante ou o da Familia.
O responsable da Emigración destacou o apoio da Xunta á comunidade no exterior e a colaboración para ofrecer oportunidades a quen desexe retornar con medidas como a estratexia Galicia Retorna, dotada con 450 millóns de euros para favorecer o regreso ata 2026 de 30.000 galegos e descendentes.