Varias empresas galegas traballan conxuntamente co CERN, o maior laboratorio de física de partículas do mundo

O Conselleiro de Educación asegura que isto pon de manifesto o potencial dos investigadores galegos
O CERN, en Suíza, está considerado o corazón mundial da ciencia e nel desenvolven o seu traballo varios investigadores galegos, cos que tamén colaboran, dende Galicia, varias empresas punteiras no eido da investigación.
José Luis Manso, Director Financeiro de Grupo Gabadi, asegura que "o punto clave é a xente, os galegos nunca tuvemos medo a saír e interactuar con empresas estranxeiras -di-. Estar no CERN, que é a cuna do desenvolvemento tecnolóxico e científico indica que algo estamos facendo ben".
Na mesma liña pronúnciase Antonio Agrasar, CEO de Plexus Tech. Agrasar explica que "a capacidade e o talento que temos as empresas galegas e os galegos que están no CERN acredita que a nosa formación é a adecuada".
A Xunta comprométese a seguir apoiando ao sector da I+D+I en Galicia. O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, afirma que "é un orgullo para Galicia poder colaborar e estar presente no centro de investigación máis importante de Europa e un dos máis importantes do mundo".