Publicador de contidos
Publicador de contidos

As inundacións desta fin de semana deixan en Suíza catro mortos e dous desaparecidos

As inundacións desta fin de semana deixan en Suíza catro mortos e dous desaparecidos

As tormentas desbordaron o curso alto do río Ródano, destruíron unha ponte e deixaron illadas, sen luz e sen auga potable varias localidades dos vales alpinos 

A presidenta, Viola Amherd, visita este luns os cantóns afectados de Valais e Tesino

Reuters / Agrusti Alexandre
G24.gal 01/07/2024 09:27 Última actualización 01/07/2024 11:06

En Suíza, as fortes tormentas caídas a fin de semana provocaron inundacións e corrementos de terra que se saldan, ata o momento, con catro mortos e dous desaparecidos.

Tres dos falecidos morreron o domingo nun esvarón de terra no val do Maggia, no Tesino, e o cuarto pereceu noutro corremento de terras en Saas Fee, unha turística zona alpina do Valais, tamén próxima a Italia. 

As tormentas desbordaron en Valais o curso alto de Ródano, un dos maiores ríos da conca mediterránea, e en Tesino destruíron polo menos unha ponte e deixaron a varias localidades de vales alpinos illados sen luz e auga potable durante horas.

A presidenta de Suíza, Viola Amherd, viaxa este luns aos cantóns alpinos de Valais e Tesino, no sur do país.  Segundo un comunicado do Consello Federal (Executivo), a presidenta visitará Valais na mañá e Tesino na tarde acompañada dos respectivos conselleiros de Estado cantonais, e manterá reunións con líderes políticos das zonas afectadas e responsables de protección civil. 

Tamén este luns anunciouse que o exército suízo prestará colaboración ás tarefas de avaliación dos danos materiais (para iso os seus helicópteros sobrevoarán as zonas afectadas), despois de axudar xa na fin de semana nas evacuacións de lugares afectados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade