Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel anuncia que seguirá negociando con Hamas sobre a proposta dos EUA

Israel anuncia que seguirá negociando con Hamas sobre a proposta dos EUA

O representante de Trump para Oriente Medio, Steve Witkoff, propón liberar os once reféns vivos e a metade dos falecidos

Segundo fontes anónimas citadas por Al Jazeera, o Goberno xudeu entregaría a cambio 120 presos, 1.110 detidos e 160 corpos

Xantar entre os cascallos no norte de Gaza. REUTERS/Mahmoud Issa Xantar entre os cascallos no norte de Gaza. REUTERS/Mahmoud Issa
G24.gal 16/03/2025 08:16 Última actualización 16/03/2025 10:54

A Oficina de Benjamín Netanyahu anunciou que o primeiro ministro de Israel acordou, despois dunha "discusión en profundidade" co seu gabinete de seguridade, a continuación das conversas co grupo islamita Hamas, tendo en conta unha proposta do enviado especial dos EUA.

"Tras o debate, o primeiro ministro deulle instrucións ao equipo negociador para que se preparase para a continuación das conversas, segundo a resposta dos mediadores á proposta do representante estadounidense para Oriente Medio, Steve Witkoff, de liberar inmediatamente os once reféns vivos e a metade dos falecidos", sinalou.

Pola súa banda, segundo fontes anónimas citadas pola canle qatarí Al Jazeera, a cambio Israel liberaría 120 presos en cadea perpetua, 1.110 detidos palestinos da Franxa e entregaría 160 cadáveres. 

Advertencia de Witkoff

Pola súa banda, Witkoff advertiulle este venres a Hamas que o seu país responderá "en consecuencia" se o grupo islamita palestino non respecta os prazos acordados na negociación para poñer fin ao conflito con Israel.

"Hamas está a apostar a que o tempo corre ao seu favor. Non é así. Hamas é plenamente consciente da data límite e debe saber que responderemos en consecuencia se non se cumpre", dixo nun comunicado difundido pola Casa Branca.

O grupo islamita reiterou este sábado estar disposto a liberar o soldado israelí-estadounidense Edan Alexander a cambio dun "inicio simultáneo" das negociacións para a implementación da segunda fase do acordo de cesamento do fogo e a "apertura inmediata" dos cruzamentos fronteirizos.

"A resposta de Hamas á última proposta estadounidense baséase no acordo de cesamento do fogo de tres fases asinado por todas as partes o 17 de xaneiro de 2025", lembrou o dirixente do órgano político de Hamas, Basem Naim, nun comunicado oficial.

Naim tamén avisou que non haberá acordo se Israel non se retira do corredor de Filadelfia "como se estipulaba na primeira fase" e indicou que as negociacións para a segunda debían concluír nun prazo de 50 días coa garantía dos mediadores; como tamén estaba pactado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade