Publicador de contidos

Publicador de contidos

Besteiro reúne a nova executiva do PSdeG e chama a construír o proxecto da "única alternativa" de goberno

Besteiro reúne a nova executiva do PSdeG e chama a construír o proxecto da "única alternativa" de goberno

Sinala o último Congreso como o "punto de partida" dunha nova etapa para "gañar a confianza dos galegos e das galegas"

G24.gal 15/03/2025 15:23

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniu este sábado en Santiago a Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) saída do 15º Congreso Nacional do partido, celebrado a fin de semana pasada. Neste primeiro encontro do órgano de dirección, Besteiro chamou a construír o proxecto da "única alternativa" de goberno desde a "ilusión" e coa "fortaleza" do apoio do 93 % dos delegados do máximo órgano do PSdeG.

Durante a reunión, que tivo lugar no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o líder socialista destacou o resultado do Congreso como o "punto de partida" dunha nova etapa na que "gañar a confianza dos galegos e das galegas" e coas eleccións municipais de 2027 como primeiro obxectivo, segundo debullou o PSdeG nunha nota de prensa.

Neste sentido, o líder dos socialistas galegos salientou o carácter paritario da nova dirección, "como corresponde á executiva do Congreso do 8-M", así como na "ampla representación" moza.

Doutra banda, Besteiro remarcou que está integrada por secretarías cuxas funcións responden aos "problemas reais da Galicia actual", entre os que se referiu á vivenda, o clima, a industria, o emprego ou a mobilidade. Pero tamén aos "novos retos" como a innovación, a intelixencia artificial, a transformación dixital e a rexeneración democrática.

Con todo, Lara Méndez estreou o seu cargo na secretaría de Organización, socialista á que Besteiro destacou pola súa "capacidade de diálogo" e polo "consenso" que suscita dentro do PSdeG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade