Contido coa etiqueta .
Ameazas

Investigado un veciño de Ourense por enviar paquetes con ameazas a unha xestoría de Xinzo
27/03/2025 17:14
A empresa recibiu cinco envíos de paquetería "con temática ameazante cara ao responsable e unha das traballadoras da empresa"

Un vilagarcián marcha da casa por medo ao seu veciño
20/03/2025 14:46
Nun vídeo pode verse como o veciño lle rebenta o portal cun mazo
A vítima denuncia que leva anos padecendo ameazas e pide axuda á policía e ao concello

A Garda Civil detén un veciño de Cambre por roubar e ameazar cunha arma
11/03/2025 09:48
A Garda Civil identificou o home, detívoo e a Autoridade Xudicial decretou o seu ingreso en prisión

Unha especie mariña exótica africana podería ameazar os mexillóns das Rías Baixas
08/02/2025 14:58
A Pyura herdmani, localizada en Ribeira hai dez anos, chegou nos cascos dos pesqueiros dende o banco canario-sahariano

Vítima e agresor do crime de Redondela intercambiaron ameazas por whatsApp
01/02/2025 14:41
O detido permanece na comisaría de Vigo á espera de pasar a disposición xudicial

Detido en Vigo por ameazar a seus pais cun coitelo de 20 centímetros
30/01/2025 13:30
O rapaz de 22 anos está acusado dun presunto delito de ameazas graves

Detido o suposto autor dun roubo nunha vivenda de Cospeito
29/01/2025 13:06
Ameazou os moradores cun coitelo

Corea do Norte proba mísiles de cruceiro e ameaza os EUA con "duras respostas"
26/01/2025 08:48
Critica os EUA e a Corea do Sur polas súas recentes manobras conxuntas, e ameaza ambos os dous países con "duras" represalias

Os controis policiais son cada vez máis intensos na macrofesta ilegal de Cidade Real
04/01/2025 20:32
Unha persoa cun coitelo foi retida polos propios participantes na rave e entregada aos axentes
Os organizadores logran manter a orde sen outros incidentes significativos

Deteñen un veciño de Lugo que ameazou con voar con explosivos as obras da estación intermodal
13/12/2024 14:32
O detido manifestou que estaba desesperado polo ruído nocturno das obras
Quedou en liberdade tras prestar declaración

12/12/2024 14:33
O Xulgado de Menores impónlle nove meses de liberdade vixiada

05/12/2024 20:54
O acoso e os insultos comezaron con doce anos e agraváronse cunha brutal malleira o pasado mes de novembro
O adolescente, que agora ten 14 anos, tivo que recibir varios puntos de sutura nunha orella
A policía identificou os presuntos agresores, un deles xa a disposición da fiscalía de menores, e interviñéronlles unha pistola táser e navallas

Detido en Friol por asaltar a casa dun coñecido, romper mobles e ameazalo de morte
03/12/2024 14:02
Outro home foi detido en Chantada como suposto autor de dous delitos de roubo con forza e un delito de furto de uso de vehículo

Veciños de Elviña, atemorizados por tres cuadrillas que ocuparon a praza Ramón Colmeiro
18/11/2024 12:41
Denuncian insultos, ameazas e enfrontamentos con persoas maiores, que demostran con vídeos
Piden a retirada dos bancos da zona para disuadilos e máis presenza policial

Veciños de Ourense denuncian ameazas do dono dun bar denunciado por ruídos
05/11/2024 13:24
A veciñanza da rúa Pena Trevinca denuncia que lle racharon a porta do portal como represalias por chamar a Policía Local

Os veciños de Santiago denuncian roubos e ameazas de tres ocupas en Vista Alegre
23/10/2024 15:59
O propietario da vivenda faleceu e non saben se agora pertence a unha entidade bancaria

Sete parlamentarias do PP denuncian ante a Policía a recepción de cartas ameazantes
07/10/2024 15:04
As misivas contiñan ameazas a insultos machistas contra catro deputadas, unha eurodeputada e dúas senadoras do PP
As denunciantes din que o contido é "intolerable en calquera democracia" e advirten de que non van quedar caladas
.jpg)
Deteñen un home en Vigo por ameazar de morte outro varón cun coitelo de caza
07/10/2024 13:27
O detido chamou polo interfono a vítima e, ao pensar que era un amigo, baixou, atopando o investigado, ao cal coñecía de vista do barrio, cun coitelo de caza de grandes dimensións e proliferando ameazas de morte
.png)
Deteñen por ameazas con arma branca un home que foi xulgado por abusos a unha menor en Ribadumia
07/10/2024 09:47
O home presentouse na vivenda e ameazou de morte a parella da súa irmá mentres portaba un machete de cociña
Os axentes localizárono na casa de seu pai, a pesar de que non podía estar alí porque ten unha orde de afastamento debido a unha denuncia por violencia familiar

Feijóo di que denunciarán as cartas con "ameazas e insultos" a parlamentarias do PP
03/10/2024 17:17
Ana Belén Vázquez Blanco e Alicia García compartiron as misivas na rede social X

Entra a roubar nunha farmacia de Vigo e ameaza de morte os empregados cunha nota e unha navalla
16/09/2024 16:48
O farmacéutico agarroulle a man e comezou un forcexo ata que o atracador fuxiu ao non poder facerse cos cartos da caixa rexistradora
Finalmente foi localizado e detido pola policía tras revisar as gravacións de seguridade

Extorsionan un veciño do Pino tras consultar páxinas de prostitución en Internet
03/09/2024 10:53
O home chegou a pagar 4.500 euros despois de que a banda ameazara con matalo e con “secuestrar a súa familia"
A Garda Civil investiga tres individuos de Madrid por presuntos delitos de extorsión, branqueo de capitais e pertenza a grupo criminal

O xuíz que investiga Negreira e Voloh recibe un falso paquete bomba no seu despacho
18/04/2024 19:27
O paquete contiña un temporizador e simulaba ser un explosivo

Terror en Oímbra: acusan un veciño de queimar un coche, de ameazas de morte e acoso
05/02/2024 16:07
O suposto agresor ten atemorizados os veciños de Casas dos Montes

Ingresada no HULA unha muller que ameazou cun coitelo os seus veciños
18/01/2024 12:48
Foi precisa a intervención de varias patrullas, ademais dunha ambulancia psiquiátrica
Os veciños instan os servizos sociais a tomar medidas para que poida cesar o seu calvario

Deteñen unha muller por ameazar cun coitelo a súa filla en Vigo
02/01/2024 12:13
A muller detida mostrouse moi agresiva coa menor tras interromper a festa de Aninovo que estaba a celebrar cuns amigos na vivenda familiar

Un home secuestra un taxi en Benalmádena e ameaza con matar uns policías
20/12/2023 17:49
O seu obxectivo era matar os axentes logo de que un guindastre lle retirara o coche, que estaba mal aparcado

Investigan ameazas de bomba en colexios de Galicia e de varias cidades españolas
18/12/2023 14:51
O Sek-Atlántico de Poio, Los Sauces de Pontevedra e o Gándara Internacional School de Gondomar, están entre os máis de 20 centros de toda España que recibiron ameazas deste tipo

Envían anónimos chamando prostitutas a catro mestras dun colexio de Cambados
10/11/2023 14:06
As vítimas denunciaron os feitos á Garda Civil, que investiga o rastro das cartas
As misivas chegaron a outros profesores e ás comunidades de veciños dalgúns alumnos

Medo e ameazas de supostos traficantes nunha aldea de Boiro
19/10/2023 13:50
Os veciños de San Mauro din convivir a diario con roubos, leas e ameazas
Afirman que unha banda está asentada nunha escola municipal abandonada

O Louvre e o palacio de Versalles reabren tras recibiren ameazas de bomba
15/10/2023 12:21
A cidade de Arrás rende tributo ao mestre Dominique Bernard, asasinado o venres por un mozo islamita ruso-checheno

Aparecen pintadas con ameazas no vehículo do párroco de Pontedeume
23/09/2023 18:32
Unha pintada similar xa aparecera escrita na fachada da igrexa

A Policía Local de Pontevedra detén un mozo por ameazar cunha navalla varias pasaxeiras dun bus
01/09/2023 14:34
Detivérono por un presunto delito de ameazas, danos e incumprir a orde xudicial que lle prohibía levar armas

Reabre a Torre Eiffel con normalidade tras un falso aviso de bomba
12/08/2023 18:52
O simbólico monumento regresa á actividade coas visitas tras anular a policía de París a alerta
A evacuación afectou os tres andares da torre, a explanada e o restaurante

Evacúan a torre Eiffel e as proximidades por unha ameaza de bomba
12/08/2023 15:26
A policía desaloxou os tres andares do emblemático monumento
Tamén deberon abandonar a zona os clientes do restaurante da torre e a xente que estaba na explanada

Un home armado cun machado irrompe nas festas do Carnés, en Vimianzo
13/06/2023 14:18
Ninguén denunciou os feitos, pero a Garda Civil decidiu actuar de oficio e xa identificou o home

Unha veciña de Carral acusada de tres delitos de danos en vehículos e outro de inxurias
06/06/2023 09:53
A detida ameazaba e insultaba os peóns e vehículos cun coitelo de 32 cm

Ameazas e agresións na parroquia luguesa de Poutomillos
09/03/2023 14:01
Tres irmás e unha veciña, curmá súa, querélanse mutuamente a conta dun prado

Deteñen tres homes na Coruña por ameazar de morte a outro cunha pistola simulada
14/01/2023 12:56
A policía investiga unha suposta débeda como a orixe do suceso

Alarma en Almoite, en Baños de Molgas, polas ameazas e estragos dun veciño
10/01/2023 14:21
Acumula preto dunha ducia denuncias nos últimos tres anos
Os afectados piden axuda para evitar danos maiores