Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña de Carral acusada de tres delitos de danos en vehículos e outro de inxurias 

Unha veciña de Carral acusada de tres delitos de danos en vehículos e outro de inxurias 

A detida ameazaba e insultaba os peóns e vehículos cun coitelo de 32 cm

G24.gal 06/06/2023 09:53

Varias chamadas telefónicas alertaron a Garda Civil de Carral indicando que unha muller abordaba na vía púbica os transeúntes con insultos e ameazas.

Nun destes episodios, a muller foi reducida pola Policía Local en colaboración coa Garda Civil polos danos causados a un vehículo e as inxurias contra á súa propietaria.

Noutro episodio da mesma natureza, aos poucos días, atopábase na vía pública alterando gravemente a orde pública e cun coitelo de grandes dimensións co que ameazaba e insultaba os viandantes e vehículos que circulaban pola N-550, dificultando a normal circulación no centro urbano da localidade de Carral e provocando unha grande alarma social.

A Garda Civil por estes feitos procedeu á intervención do coitelo de 32 cm e á investigación desta veciña de Carral por unha infracción grave, por portar, exhibir ou usar armas en vía pública, ademais dos danos causados en tres vehículos utilizando o coitelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade