Evacúan a torre Eiffel e as proximidades por unha ameaza de bomba
Evacúan a torre Eiffel e as proximidades por unha ameaza de bomba
A policía desaloxou os tres andares do emblemático monumento
Tamén deberon abandonar a zona os clientes do restaurante da torre e a xente que estaba na explanada
A emblemática Torre Eiffel de París e as proximidades foron evacuados este sábado, seguindo o protocolo habitual, tras unha alerta de bomba, segundo confirmaron fontes policiais.
O desaloxo do monumento produciuse arredor das 13:30 hora local (11.30 GMT) e a área quedou temporalmente pechada ao público.
Trátase dunha "medida de precaución" e a orixe da alerta de bomba polo momento é descoñecido, segundo indicaron fontes policiais ao diario local Le Parisien.
A evacuación afectou tanto os tres andares da torre como ao restaurante e a praza arredor da estrutura, de 330 metros de altura e situada no distrito VII de París. Con case seis millóns de visitantes en 2022, a Torre Eiffel é un dos monumentos máis frecuentados do mundo.