Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home armado cun machado irrompe nas festas do Carnés, en Vimianzo

Un home armado cun machado irrompe nas festas do Carnés, en Vimianzo

Ninguén denunciou os feitos, pero a Garda Civil decidiu actuar de oficio e xa identificou o home

G24.gal 13/06/2023 14:18

Os feitos sucederon ás cinco da madrugada do domingo, ao remate da verbena de Santo Antonio. O home, un veciño coñecido na zona, apareceu na cantina cun machado na man increpando algúns dos presentes. Pouco despois, outro veciño que estaba na barra logrou quitarlle a ferramenta e todo quedou nun susto.

O incidente foi gravado nun vídeo que se propagou rapidamente polas redes. Ninguén denunciou os feitos, pero a Garda Civil decidiu actuar de oficio. Xa identificou o home e vaino denunciar por unha presunta infracción da lei de seguridade cidadá ao ameazar cunha arma branca nunha concentración de xente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade