Investigan ameazas de bomba en colexios de Galicia e de varias cidades españolas
Investigan ameazas de bomba en colexios de Galicia e de varias cidades españolas
O Sek-Atlántico de Poio, Los Sauces de Pontevedra e o Gándara Internacional School de Gondomar, están entre os máis de 20 centros de toda España que recibiron ameazas deste tipo
"Por favor, desaloxade todo o colexio", avisaban por megafonía nun colexio en Zaragoza
Varios colexios internacionais espallados por toda España tiveron que pechar as súas portas tras recibir un aviso de ameaza de bomba no seu correo electrónico. Un usuario anónimo aseguraba ter postos artefactos explosivos dentro dos centros educativos.
Son cerca de 24 os ameazados nas últimas horas, catro en Zaragoza, pero tamén en Cataluña, Valencia, as Canarias e tres en Galicia. Trátase do Sek-Atlántico de Poio, Os Sauces de Pontevedra e o Gándara Internacional School de Gondomar.
Tanto a Policía Nacional como a Garda Civil están investigando a veracidade dos avisos, aínda que todo apunta que foron ameazas falsas, algo bastante habitual coincidindo coa época de exames.