Veciños de Ourense denuncian ameazas do dono dun bar denunciado por ruídos
Veciños de Ourense denuncian ameazas do dono dun bar denunciado por ruídos
A veciñanza da rúa Pena Trevinca denuncia que lle racharon a porta do portal como represalias por chamar a Policía Local
Veciños dunha zona de marcha de Ourense denuncian que o propietario dun local lles rachaou a porta do portal despois de que denunciasen que superaba os decibelios permitidos. Aseguran que abre ata as tantas da madrugada tendo só a licenza de cafetería. A agresión sufrida din que é a gota que colma o vaso tras anos de ruídos e altercados nestas rúas as fins de semana.
Fartos de non poder durmir unha fin de semana máis, os inquilinos deste edificio de Ourense chamaron a Policía Local para que fixese medicións de ruído nas súas vivendas. Aseguran os veciños que, como represalia, esa mesma noite lles racharon a porta do portal.
Balbordo e altercados que ten que sufrir a veciñanza da rúa Cabeza de Manzaneda e Pena Trevinca dende hai anos. Acaban de denunciar estes últimos feitos á Policía Nacional. Ademais xa levaron a situación do local que, din, opera como pub con licenza de cafetería ao xulgado. Unha familia xa tivo que buscar unha vivenda alternativa ante os graves prexuízos que, denuncian, levan sufrindo.