Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresada no HULA unha muller que ameazou cun coitelo os seus veciños

Ingresada no HULA unha muller que ameazou cun coitelo os seus veciños

Foi precisa a intervención de varias patrullas, ademais dunha ambulancia psiquiátrica

Os veciños instan os servizos sociais a tomar medidas para que poida cesar o seu calvario

Félix Aragunde 18/01/2024 12:48

Nun edificio da rúa Santiago, en Lugo, vivíronse momentos de pánico cando unha residente se puxo a berrar que ía matar a todos os veciños do inmoble. A muller, de mediana idade, profería estas ameazas nunha zona común mentres empuñaba un coitelo de grandes dimensións.

Unha vez alertada a policía, tamén se deu aviso ao 061. Os sanitarios que acudiron ata este lugar intentaron levar a muller nunha ambulancia, pero finalmente foi preciso conducila ao HULA nun coche policial.

Os afectados aseguran que levan xa máis dun ano padecendo os problemas psiquiátricos que arrastra a veciña conflitiva. Din que teñen medo polos seus, sobre todo polos menores, polo que instan os servizos sociais a que tomen medidas de inmediato.

Javier González, presidente da comunidade de veciños: "Hai que ir buscar as mulleres ao garaxe porque teñen medo. Os cativos, o mesmo. Levámolo denunciando dende hai moito tempo. Quen debe actuar son os servizos sociais, porque necesita medicación e non toma". 

Neste último incidente tiveron que actuar tanto patrullas da Policía Local como da Nacional. Os veciños esperan que os seus respectivos informes axuden a que cese canto antes o calvario que lles tocou vivir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade