Publicador de contidos

Contido coa etiqueta acoso .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta acoso .

Acoso

Podemos di que informou a Yolanda Díaz en 2023 dunha denuncia por acoso contra Errejón

28/10/2024 14:59

A dirección de Más Madrid insiste en que "ninguén sabía nada" do comportamento machista de Errejón

Manuela Carmena: "É terrible"

Rita Maestre asegura que dous dos casos denunciados tiveron lugar cando ela era parella do político


Diverxencias de opinión entre Feijóo e a ministra de Igualdade sobre o caso Errejón

27/10/2024 13:39

Núñez Feijóo di que Sánchez non cesará a Yolanda Díaz por este asunto porque el tamén "encubriu a Ábalos"

A titular de Igualdade, Ana Redondo, considera que Sumar está "facendo correctamente os deberes"


Sumar admite fallos de prevención e de detección con Errejón ante os casos de acoso

26/10/2024 12:57

O voceiro da formación Ernest Urtasun, pide perdón: "Temos a obriga de asumir a nosa responsabilidade"

 A executiva ponse a disposición das vítimas e recoñecen que "crebou a confianza de moita xente" na organización polo que traballarán para recuperala

Instagram pecha durante unhas horas a conta de Cristina Fallarás tras publicar as acusacións contra Errejón


Liberdade con cargos para o refuxiado de Becerreá acusado de agresión sexual e acoso

14/09/2024 18:34

Ten prohibido aproximarse as dúas mulleres que o denunciaron, traballadoras da ONG que lle prestaba atención

O home, de orixe maliana, era unha das persoas refuxiadas na localidade lucense


Imaxe de arquivo

Detido un xuíz da Federación de Vela por acosar tres regatistas menores en León

19/08/2024 16:56

As denunciantes son tres rapazas de entre 14 e 17 anos naturais de Galicia e León

Etiquetas:  ACOSO

Preocupación por un acosador en Silleda

18/07/2024 14:48

O home abordou varias mozas con linguaxe e xestos obscenos

A Garda Civil confima que hai dúas denuncias e a Policía Local xa o ten identificado


Imaxe de arquivo do alcalde de Ourense

Declaran nulo o cesamento do interventor de Ourense e ven probado o acoso do alcalde

06/06/2024 17:09

O funcionario recupera o seu posto despois de ser cesado das súas funcións por Gonzalo Pérez Jácome

A decisión conclúe que a conduta do alcalde é constitutiva dun delito de acoso no traballo

Etiquetas:  ACOSO

Boneco de vodú. Imaxe de Freepik

Déixanlle unha boneca de vodú a unha inquilina e condénanas por coaccións

04/06/2024 15:49

A Audiencia de Pontevedra ratifica a condena a unha nai e unha filla de Cambados

Etiquetas:  ACOSO

A Fiscalía pide tres anos de prisión para o acusado de acosar a Pablo Iglesias e Irene Montero

Increpan a Pablo Iglesias e Irene Montero no xuizo contra un home acusado de acosar á parella

27/05/2024 18:32

 A Fiscalía pide tres anos de cárcere para o acusado de inxuriar e acosar os dous exmembros do Goberno

Di que o acusado excedeu a liberdade de expresión e que "alterou de maneira moi grave" a vida dos denunciantes

Tamén solicita que non se achegue aos dous políticos durante dous anos


Luis Rubiales á súa saída da Audiencia Nacional este venres (Europa Press/Eduardo Parra)

Rubiales volve acusar a Jenni Hermoso de cambiar a súa versión sobre o bico

17/05/2024 11:35

"Eu vou seguir mantendo a miña versión desde o principio ata o final, porque é a verdade", dixo Rubiales tras recoller na Audiencia Nacional a resolución que o envía a xuízo por presuntos delitos de agresión sexual e coaccións á futbolista


Pedro Sánchez en Montmeló este sábado/FOTO: Lorena Sopêna (Europa Press)

Pedro Sánchez asegura que "tanto o PP coma Vox se fan eco da máquina do lodo"

05/05/2024 09:15

Nunha entrevista no diario El País, di que o Parlamento debe atopar unha solución para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial

O presidente do Goberno asegura sufrir "acoso sistemático" dende hai dez anos e que sempre defenderá "a honorabilidade da súa dona"

Alberto Núñez Feijóo cre que España non ten goberno e que hai que volver ás urnas para que a cidadanía decida


Veciños dun inmoble da Coruña denuncian acoso inmobiliario desde o mes de febreiro

23/04/2024 14:24

Están convencidos de que os propietarios os queren botar para vender o edificio


O acusado, José Eirín, durante a vista oral celebrada na Audiencia de Pontevedra (EFE)

O xurado popular declara culpable do asasinato de Jéssica Méndez a José Eirín

19/03/2024 13:40

O veredicto considera que o único acusado pola morte da moza en Barro bateu intencionadamente o seu coche contra o dela

O xurado determinou que Eirín debe ser condenado por un delito de asasinato con aleivosía e agravante de xénero

A Fiscalía e a acusación particular piden 24 anos de prisión, mentres que a defensa reclamou que o veredicto sexa devolto "por falta de motivación"


O acusado de bater contra Jéssica Méndez pide "perdón": "Oxalá aquel día non collese o coche"

15/03/2024 14:11

Os peritos da defensa de Eirín din que "estaba freando" no momento da colisión. A súa tese contradí a dos axentes de Tráfico, que falan dun sinistro "consciente" e  "voluntario"

O luns comezará a deliberación do xurado popular


Tráfico di que o accidente en que faleceu Jéssica Méndez foi "consciente e voluntario"

14/03/2024 14:27

Os axentes da Garda Civil que fixeron o informe sobre o sinistro aseguraron durante o xuízo que non atoparon marcas de freada na calzada e que o acusado xirou cara ao vehículo da vítima un segundo antes de chegar á súa altura


Europa Press. Beatriz Ciscar

Estudan investigar por falso testemuño a familia do acusado de matar a Jessica Méndez

13/03/2024 18:47

Declararon que non falaran coa familia da moza no día do suceso, pero unha testemuña asegura oír esa conversación

Categorías:  Barro   Galicia   Sucesos
Etiquetas:  CRIME   ATROPELO   ACOSO

Eirín dixo que non quedara durmido ao volante, segundo a muller que o auxiliou no sinistro

13/03/2024 14:23

O acusado de atropelar a Jéssica Méndez dixo que "estaba ben" ao saír do coche

Dúas veciñas afirman que José Eirín vixiaba a casa da vítima de noite e de día


A vítima do crime de Barro sufriu oito ou nove anos de acoso do suposto agresor, segundo a familia

12/03/2024 19:59

A Fiscalía pide 24 anos de cárcere para José Eirín por asasinato

Categorías:  Galicia   Barro   Sucesos

Decidiu facer público o seu caso para pedir maior protección

Unha muller de Cambados denuncia o acoso dun veciño

13/02/2024 14:39

O home ten unha orde de afastamento dela e da súa familia, pero a vítima denuncia que a incumpre constantemente

Etiquetas:  ACOSO

Condenado o Concello de Ourense e un exedil de Seguridade por acoso a unha policía local

30/11/2023 18:41

A sentenza di que a conduta do exconcelleiro foi apoiada polo alcalde Pérez Jácome con manifestacións públicas "que afectan á dignidade da traballadora”


Unha muller de Sanxenxo denuncia o constante acoso que sofre da súa exparella

19/09/2023 16:35

Rosa María Padín asegura que el incumpre a orde de afastamento que lle impuxeron e que recibe constantemente chamadas con ameazas

"Que fagan algo, que impidan que esta persoa me moleste. Que me deixe vivir en paz", pide Rosa

Etiquetas:  ACOSO

O presunto acosador actúa na contorna do campo de fútbol do Pasarón

Volve ás andadas o presunto acosador do barrio pontevedrés do Burgo

25/05/2023 14:41

O presunto acosador de menores arrestado hai un días quedou en liberdade

Toda a veciñanza está moi preocupada e en alerta


Dimite o ministro británico de Xustiza, acusado de acoso laboral

21/04/2023 11:14

Un informe confirma as acusacións vertidas contra el polo seu suposto acoso laboral a funcionarios


A defensa de Corinna insiste no carácter privado do acoso de Xoán Carlos I

08/11/2022 22:01

O avogado do monarca defende a súa inmunidade na vista que se celebrou no Tribunal de Apelación de Londres


As traballadoras do HULA denuncian acoso por parte dos arrombacoches

23/09/2022 13:48

Quéixanse dun trato desagradable e de comentarios machistas

Etiquetas:  XUSTIZA   ACOSO

O pai do menor de Canet de Mar declara ante o xuíz que sufriron acoso nas redes

12/09/2022 14:35

Declaran coma acusación particular na causa aberta por un xulgado de Barcelona

Etiquetas:  ACOSO

A xuíza ordena poñerlle unha pulseira electrónica ao mozo de Sanxenxo denunciado por acoso

20/07/2022 13:19

Con este dispositivo está xeolocalizado para que non incumpra a orde de afastamento 

Publicidade
Publicidade