Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eirín dixo que non quedara durmido ao volante, segundo a muller que o auxiliou no sinistro

Eirín dixo que non quedara durmido ao volante, segundo a muller que o auxiliou no sinistro

O acusado de atropelar a Jéssica Méndez dixo que "estaba ben" ao saír do coche

Dúas veciñas afirman que José Eirín vixiaba a casa da vítima de noite e de día

G24.gal 13/03/2024 14:23

O tribunal escoitou esta mañá as testemuñas dos primeiros en chegar ao lugar do sinistro. A muller que axudou a Eirín a saír do coche di que lle manifestou "que se atopaba ben" e negou que quedase durmido ao volante, tal e como sostén a súa defensa. Esta testemuña e a súa exparella relataron que o condutor non avisou de que coñecía a ferida e se limitou a observar mentres tentaban axudala e contactar a familia. 

Hoxe tamén compareceron dúas veciñas de Barro. Dixeron que Eirín vixiaba día e noite a contorna da vivenda da vítima desde había uns oito anos. Un presunto acoso que tamén relataron na tarde de onte a familia e o mozo de Jéssica. Todos coinciden en que estaba obsesionado con ela.

"O acusado lle dixera varias veces a Jéssica que a quería para el ou para ninguén, quedou moi claro na declaración do seu mozo", explica Luciano Prado, o avogado da acusación particular.

Esta tarde é a quenda dos peritos e dos forenses, que axudarán a determinar as circunstancias nas que se produciu a colisión que provocou a morte de Jéssica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade