Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diverxencias de opinión entre Feijóo e a ministra de Igualdade sobre o caso Errejón

Diverxencias de opinión entre Feijóo e a ministra de Igualdade sobre o caso Errejón

Núñez Feijóo di que Sánchez non cesará a Yolanda Díaz por este asunto porque el tamén "encubriu a Ábalos"

A titular de Igualdade, Ana Redondo, considera que Sumar está "facendo correctamente os deberes"

G24.gal 27/10/2024 13:39

A ministra de Igualdade, Ana Redondo, destaca que Sumar iniciou unha investigación para chegar ao fondo do asunto e establece unha comparación co ocorrido no pasado co caso Nevenka.

"A diferenza eu creo que é moi clara. Aquí depúranse responsabilidades en canto se ten coñecemento e creo que Sumar está facendo correctamente os deberes, ten que chegar ata o fondo do asunto, depurar todas as responsabilidades e, como sempre dicimos, o que a fai desde logo ten que pagar ante os tribunais e con todas as consecuencias".

Mentres,  Núñez Feijóo amosouse convencido de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, non vai cesar a súa vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, por encubrimento e saca a colación o sucedido con Ábalos.

"O partido do Goberno Sumar non deu explicacións minimamente éticas ao que está ocorrendo co seu voceiro nestes días. Sabedes unha cousa? Non vai cesar a vicepresidenta Yolanda Díaz por encubrir a Errejón porque o presidente encubriu a Ábalos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade