Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberdade con cargos para o refuxiado de Becerreá acusado de agresión sexual e acoso

Liberdade con cargos para o refuxiado de Becerreá acusado de agresión sexual e acoso

Ten prohibido aproximarse as dúas mulleres que o denunciaron, traballadoras da ONG que lle prestaba atención

O home, de orixe maliana, era unha das persoas refuxiadas na localidade lucense

G24.gal 14/09/2024 18:34 Última actualización 14/09/2024 20:42

O home refuxiado en Becerreá, denunciado por dúas mulleres da ONG que lle prestaba atención, quedou en liberdade con cargos. Esta a ser investigado por dous delitos de acoso sexual e un de agresión sen violencia.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ten prohibido aproximarse ás dúas mulleres. O investigado, de orixe maliana, foi detido o venres como suposto autor de tocamentos.

Á marxe do que determinou o xuíz, dende a ONG abríuselle expediente e procedeuse á súa expulsión do lugar de acollida.

A Delegación do Goberno en Galicia condenou os feitos e a Xunta de Galicia dixo a EFE, a través da Consellería de Igualdade, que activou o mecanismo de axuda ás vítimas.

A veciñanza de Becerreá cre que o comportamento dunha persoa non debe estigmatizar todo un colectivo que continúa no concello o seu proceso de integración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade