Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz cita o 12 de novembro a Errejón como investigado por agresión sexual

O xuíz cita o 12 de novembro a Errejón como investigado por agresión sexual

A denunciante, a actriz Elisa Mouliaá, deberá acudir ao xulgado este xoves para declarar como testemuña

Arquivo (Europa Press/Fernando Sánchez) Arquivo (Europa Press/Fernando Sánchez)
EFE 05/11/2024 10:36 Última actualización 05/11/2024 11:17

O titular do Xulgado de Instrución número 47 de Madrid citou a declarar o martes 12 de novembro o exdeputado de Sumar Íñigo Errejón como investigado por un suposto delito de agresión sexual denunciado pola actriz Elisa Mouliaá.

Segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, o xuíz citou a Mouliaá este xoves 7 de novembro en calidade de testemuña para saber se ratifica a declaración que realizou ante a policía.

Unha vez tomadas estas declaracións, o xuíz decidirá se practica máis dilixencias para aclarar o ocorrido, detallan as fontes.

A actriz Elisa Mouliaá denunciou ante a Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía que Errejón a agrediu sexualmente polo menos en tres ocasiones na mesma noite de setembro de 2021.

Nun comentario posterior na rede social X, Mouliaá asegurou que estaba "ilusionada" co político e pensou "nunha historia de amor preciosa", pero el só quería tocar o seu corpo.

"Eu estaba ilusionada con Íñigo, tíñao nun pedestal. Pensei que podía ser unha historia de amor preciosa, pero en lugar de atoparme con algo romántico atopeime cunha persoa que o único que quería era tocar o meu corpo e meterme a lingua", confesou.

Ademais, hai unha semana transcendeu que a exconcursante de Gran Hermnao e colaboradora televisiva Aída Nízar presentou outra denuncia contra Errejón na comisaría de Marbella.

A denuncia presentada por Aída Nízar ante a UFAM de Marbella fai referencia a feitos ocorridos en maio de 2015 no Auditorio da Universidade Complutense de Madrid (UCM), a onde segundo o seu relato acudiu como xornalista e Errejón bicouna e deulle un azoute nas nádegas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade