Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve ás andadas o presunto acosador do barrio pontevedrés do Burgo

Volve ás andadas o presunto acosador do barrio pontevedrés do Burgo

O presunto acosador de menores arrestado hai un días quedou en liberdade

Toda a veciñanza está moi preocupada e en alerta

O presunto acosador actúa na contorna do campo de fútbol do Pasarón
G24.gal 25/05/2023 14:41 Última actualización 25/05/2023 14:54

"Hai aquí un individuo que se dedica a acosar a meniños pequenos, coñecido xa pola policía Local", conta un veciño testemuña dun dos altercados.

O barrio pontevedrés do Burgo leva meses en alerta pola presenza dun home duns 40 anos que a plena luz do día acosa con descaro a rapazada que se xunta na contorna do campo de fútbol de Pasarón.

 "Moito cachondeo, e os nenos están ao seu, non queren que un adulto veña molestalos, e á parte grita: 'Veña, rapaces, a pelota...',  ponos moi nerviosos, entón viñeron ata aquí e pedíronme que chamara á policía. Veu a policía, avisáronno, levaba a un neno agarrado do pescozo cara ao parque, iso é certo, o policía achegouse e preguntoulle que a onde ía e a contestación del foi que estaba interactuando co neno", relata a propietaria dun bar próximo.

Os menores, que xa lle teñen medo, acoden protexerse a un bar próximo.

 "Teñen medo, de feito, antes os nenos ían moito ao parque e dende a semana pasada con este bo tempo os rapaces non están na rúa", apunta o propietario da froitería do barrio.

Este non foi un caso puntual e nas redes sociais os veciños levan un tempo alertando do que sucede. Pero non foi ata a semana pasada cando se produciu o arresto a raíz dun novo intento de acoso.

"A nena chamóume ás sete e vinte e cinco da tarde, díxome que non me preocupara, que xa viñera a policía, que un home duns corenta e pico de anos agarrouna polo brazo e que lle dixo: 'Que guapa , cariño. Cantos anos tes?'. Ela intentou soltarse, empezou a gritar e o meu fillo pequeno, seu irmán, parou dúas motos da Policía Local. Avisárono, dixéronlle que tiña que marchar da zona, o home de principio marchou, a policía tamén. Eu cheguei aos dez minutos e el seguía alí na farmacia, estaba co teléfono e parecía que os estaba gravando. Fixemos pelotón os pais recriminándoo, preguntándolle, entón el escapou para dentro do Mercadona e meteuse nos baños. Estivo como unha hora, hora e cuarto encerrado ata que a Policía Local colleu as chaves e levárono", relata a nai da vítima que propiciou a detención do presunto acosador.

Todo apunta a que, tras ser detido, o home quedou en liberdade con cargos e xa volveu ás andadas.

"Non toman medidas porque ao día seguinte estaba solto e, polo que contaron, o martes volveuno intentar na porta dun instituto e onte pola tarde aquí na porta da Xunqueira", apunta a propietaria doutro bar do barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade