Publicador de contidos
Publicador de contidos

As traballadoras do HULA denuncian acoso por parte dos arrombacoches

As traballadoras do HULA denuncian acoso por parte dos arrombacoches

Quéixanse dun trato desagradable e de comentarios machistas

Félix Aragunde 23/09/2022 13:48

Os arrombacoches provocaron as queixas dos usuarios do HULA, en Lugo, dende a súa apertura, pero se hai un colectivo especialmente prexudicado é o das mulleres que traballan neste hospital.

Segundo denuncian, son frecuentes os comentarios machistas e o acoso ao que se ven sometidas. E incluso hai traballadoras que procuran adiantar media hora a chegada aos seus postos para evitar encontróns con eles.

"Hai medo. A esta hora do día non teño medo de que me fagan a min nada, pero si ao meu coche. E se fose cerca da noite, tería medo por min, posto que non sabes o que poden chegar a facer", sinala unha traballadora. 

Carlos Castro, presidente de CSIF Sanidade en Galicia: "Non só o maltrato físico é maltrato. O verbal tamén o é, o acoso, as palabras obscenas. Tamén hai traballadoras que atoparon o coche raiado ou co cirstal roto. E hai xente que vén antes para non encontrarse con eles". 

Pola súa parte, os arrombacoches negan que intimiden as sanitarias ou calquera outra muller que teña que acudir ao hospital. 

"Din que andamos a roubar ou a facerlles comentarios machistas ás mulleres do hospital, pero iso non é certo. É mentira, e poño a man no lume", asegura un arrombacoches. 

En calquera caso, co fin de que as posibles vítimas de acoso se sintan menos desprotexidas, piden unha maior presenza da policía e unha mellora da iluminación pública nos aparcadoiros. 

Carlos Castro, presidente de CSIF Sanidade en Galicia: "A única luz que hai é a da rúa. A xente que aparca noutros sitios encóntrase sen luz. Agora é inverno xa, e é cando sofren máis ese problema".

Para lle poñer freo ao acoso por parte dos arrombacoches, as afectadas mesmo poderían chegar a denunciar esta situación ante a xustiza.

Arrombacoches nas inmediacións do hospital lugués Arrombacoches nas inmediacións do hospital lugués
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade