Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan na costa de Fisterra unha menor de 14 anos de Ordes desaparecida desde o martes

Buscan na costa de Fisterra unha menor de 14 anos de Ordes desaparecida desde o martes

O seu teléfono situábaa nesa zona a última vez que falou cunha amiga

G24.gal 23/10/2024 19:15 Última actualización 23/10/2024 20:31

A Garda Civil  busca na zona costeira de Fisterra unha menor de 14 anos, natural de Ordes que está desaparecida desde este martes.

A familia interpuxo unha denuncia pola desaparición.

O dispositivo, con patrullas a pé e un helicóptero, céntrase na contorna de Mar de Fóra.

A procura céntrase na zona de Fisterra porque a comunicación telefónica que mantivo cunha amiga indicaría que é o último lugar no que hai constancia da súa presenza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade