Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xuíza ordena poñerlle unha pulseira electrónica ao mozo de Sanxenxo denunciado por acoso

A xuíza ordena poñerlle unha pulseira electrónica ao mozo de Sanxenxo denunciado por acoso

Con este dispositivo está xeolocalizado para que non incumpra a orde de afastamento 

G24.gal 20/07/2022 13:19

A titular do Xulgado de Violencia de Xénero de Cambados impúxolle novas medidas cautelares ao mozo de Sanxenxo denunciado por acoso a unha exparella.

Hai 15 días, impúxolle unha orde de afastamento, pero a moza asegura que seguiu recibindo ameazas de morte a través de perfís falsos en redes sociais. Tras presentar denuncia por estas novas mensaxes ameazantes, a xuíza decretou a orde de poñerlle a pulseira electrónica ao investigado. Con este dispositivo está xeolocalizado e, no caso de incumprir a orde de afastamento, a vítima recibe unha mensaxe e pode poñerse a salvo mentres chega a policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade