Déixanlle unha boneca de vodú a unha inquilina e condénanas por coaccións
Déixanlle unha boneca de vodú a unha inquilina e condénanas por coaccións
A Audiencia de Pontevedra ratifica a condena a unha nai e unha filla de Cambados
A Audiencia de Pontevedra confirma a condena por coaccións a unha nai e unha filla que lle deixaron unha boneca de vodú a unha inquilina. A nai deberá pagar unha multa de 270 euros e a filla, de 180.
A denunciante era inquilina dun apartamento desde o mes de outubro de 2021. Desde marzo de 2023, a inquilina empezou a recibir "constantes visitas" da súa caseira e chamadas telefónicas e whastsapps da súa filla en que "se lle requiría de forma insistente que abandonase o apartamento".
Así mesmo, pedíanlle que aboase unha fianza máis "por posibles danos do piso" e advertíanlle dunha subida do IPC.
Mesmo lle chegaron, "a modo de vodú", a poñer unha boneca de trapo preto da porta do seu apartamento "para asustala".
Tras a condena do xulgado de Cambados, a caseira recorreu co argumento de que non se cumprían os elementos do "delito de acoso inmobiliario, non existindo o máis mínimo indicio de emprego da violencia".
Pero a Audiencia rexeita o argumento enumerando as "constantes visitas, cartas, conversacións por WhatsApp e telefónicas, ademais da boneca de trapo" para subliñar que todo iso "conforma unha presión moral suficiente para ser considerada violencia coactiva".