Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home en Vigo por ameazar de morte outro varón cun coitelo de caza

Deteñen un home en Vigo por ameazar de morte outro varón cun coitelo de caza

O detido chamou polo interfono a vítima e, ao pensar que era un amigo, baixou, atopando o investigado, ao cal coñecía de vista do barrio, cun coitelo de caza de grandes dimensións e proliferando ameazas de morte

G24.gal 07/10/2024 13:27

A Policía Local de Vigo detivo na tarde deste pasado domingo a un home de 37 anos por ameazar de morte outro home cun coitelo de caza cun fío de 32 centímetros. Tal como informa o corpo de seguridade, os feitos ocorreron sobre as 17:15 horas, cando o agora detido chamou polo interfono a vítima, solicitándolle que baixase ao portal da súa vivenda.

O home, ao pensar que era un amigo, baixou, atopando o investigado, ao cal coñecía de vista do barrio, cun coitelo de caza de grandes dimensións e proferindo ameazas de morte. Por iso, escapou á carreira, escondéndose na casa dunha veciña e alertando a policía. Os axentes atoparon o home sentado nun banco do parque Rivera Atienza, e foi detido pola suposta comisión dun delito de ameazas graves, comisándose a arma branca, ao tratarse dunha arma prohibida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade