Ameazas e agresións na parroquia luguesa de Poutomillos
Ameazas e agresións na parroquia luguesa de Poutomillos
Tres irmás e unha veciña, curmá súa, querélanse mutuamente a conta dun prado
O paso por un prado está a ser motivo de conflito entre as residentes en dúas vivendas da parroquia luguesa de Poutomillos. Dunha parte, unha muller de 89 anos, con mobilidade reducida, asegura que só pode saír da súa casa por ese terreo.
Pola súa banda, as súas primas e veciñas denuncian que a octoxenaria e mais os seus achegados non deixan de retirar o peche que precisan para que non lles saia o gando.
As desavinzas familiares e veciñais entre estas curmás veñen de moi atrás, pero co paso dos anos foron empeorando. Tanto é así que chegaron a denunciarse reciprocamente repetidas veces por agresións e mesmo por ameazas de morte.
Actualmente, os xulgados de Lugo tramitan media ducia de denuncias mutuas entre as afectadas por este conflito.