Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo di que denunciarán as cartas con "ameazas e insultos" a parlamentarias do PP

Feijóo di que denunciarán as cartas con "ameazas e insultos" a parlamentarias do PP

Ana Belén Vázquez Blanco e Alicia García compartiron as misivas na rede social X

Carta recibida pola portavoz de Interior do PP, Ana Belén Vázquez Blanco Carta recibida pola portavoz de Interior do PP, Ana Belén Vázquez Blanco
G24.gal 03/10/2024 17:17 Última actualización 03/10/2024 17:47

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que a súa formación denunciará as cartas con "ameazas e insultos" que recibiron deputadas e senadoras da súa formación, aínda que dixo que "non lles fai falta porque ás mulleres do PP ninguén as vai calar".

"É grave e repugnante o contido e, por suposto, promoverase a correspondente denuncia", asegurou Feijóo nunha mensaxe na rede social X.

 

A ourensá Ana Belén Vázquez Blanco, portavoz de Interior do PP, publicou na súa conta de X unha foto da carta que recibiu no seu despacho da Cámara Baixa, datada a día 22 de setembro desde Waterloo e na que se censura, entre outras cousas, as súas intervencións no Congreso dirixidas a Marlaska.

Na súa mensaxe en redes sociais, a deputada tachou de "covarde de merda" o autor da carta por non atreverse a poñer o seu nome e quixo deixar claro que non se vai amedrentar por esa "nauseabunda misiva". "Non me ides calar", salientou.

Tamén a portavoz do Grupo Popular no Senado, Alicia García, fixo pública esa misiva que, segundo dixo, está "chea de insultos, odio e ameazas". "O acoso, o odio e a violencia non silenciarán as nosas ideas", salientou.

Esas cartas tamén chegaron a outras parlamentarias do PP, como Macarena Montesinos ou Noelia Núñez. "Se pensan que isto nos cala ás mulleres do PP, lévano claro", dixo Núñez, que é vicesecretaria de Mobilización e Reto Dixital do partido.

Feijóo confirmou que denunciarán esas cartas "con ameazas e insultos". "Sei que non lles fai falta porque ás mulleres do PP ninguén as vai calar, pero teñen todo o meu apoio", agregou nunha mensaxe en X.

Da mesma maneira, o portavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, asegurou que o acontecido é unha "vergoña" e dixo que non poden "permitir que o odio e o machismo sigan normalizándose" porque "a democracia require respecto e non ameazas covardes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade