Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CXPX apoia os xuíces do caso Alves e apela á responsabilidade dos políticos

O CXPX apoia os xuíces do caso Alves e apela á responsabilidade dos políticos

Polémica tras cualificar María Jesús Montero de "vergoñenta" a sentenza absolutoria ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña

O PP pide o cesamento da vicepresidenta primeira

G24.gal 01/04/2025 14:55

As palabras da polémica pronunciáronse a pasada fin de semana nun mitin do PSOE. "Que vergoña a sentenza de Dani Alves!", exclamaba a vicepresidenta primeira do Goberno.

As críticas de María Jesús Montero á sentenza absolutoria do Superior de Cataluña axiña atoparon resposta. Todas as asociacións de xuíces e fiscais publicaron un comunicado reclamando respecto e independencia, e o Consello Xeral do Poder Xudicial pídelle responsabilidade á política nas súas declaracións.

O Goberno pecha filas coa súa número dous. Para a voceira Pilar Alegría, a súa compañeira de gabinete "expresou o mesmo desconcerto que unha gran parte da sociedade sentiu".

O ministro do Interior, xuíz de carreira, afirma respectar todas as sentenzas, pero en casos de violencia contra as mulleres, Fernando Grande-Marlaska considera que "deben de explicarse moi ben para que as vítimas e as potenciais vítimas non perdan a confianza nas institucións".

Podemos únese ás críticas de Montero a esta sentenza. Para Javier Sánchez Serna, voceiro dos morados no Congreso, "é evidente que neste país existen ultradereitistas e machistas con toga".

Pola contra, Vox acusa os socialistas de aplicar unha dobre vara de medir. A súa voceira no Congreso, Pepa Millán, aféalles que, "pola contra, non sabían que era o que facía Ábalos mentres estaba no partido, enchufando prostitutas na administración pública".

E, coma o PP, esixen o cesamento da vicepresidenta primeira. Para Alberto Núñez Feijóo, esta é  "a folla de ruta dun partido e dun goberno que necesita desacreditar a xustiza porque está afogado por presuntas condutas delituosas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade