Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extorsionan un veciño do Pino tras consultar páxinas de prostitución en Internet

Extorsionan un veciño do Pino tras consultar páxinas de prostitución en Internet

O home chegou a pagar 4.500 euros despois de que a banda ameazara con matalo e con “secuestrar a súa familia"  

A Garda Civil investiga tres individuos de Madrid por presuntos delitos de extorsión, branqueo de capitais e pertenza a grupo criminal

G24.gal 03/09/2024 10:53 Última actualización 03/09/2024 11:10

A Garda Civil investiga tres individuos na localidade de Arroyomolinos (Madrid) por delitos de extorsión, branqueo de capitais e pertenza a grupo criminal.

As pescudas comezaron tras a denuncia interposta a principios deste verán por un veciño do Pino, que asegurou que estaba a ser vítima de ameazas e extorsión tras consultar servizos de prostitución a través de Internet.

Segundo sinala o Instituto Armado, o home manifestou recibir numerosas chamadas e mensaxes intimidatorias no seu teléfono móbil onde o advertían de que secuestrarían a súa familia ou mesmo atentarían contra a súa vida se non pagaba unha determinada suma de diñeiro”.

A vítima chegou a realizar pagos por un total de 4.500 euros mediante plataformas de envío de diñeiro e transferencias bancarias.

Os tres investigados residen en diferentes localidades da provincia de Madrid. Todos contan con antecedentes por delitos similares, e son coñecidos por utilizar a denominada estafa do sicario, unha práctica na que se ameaza ás vítimas con enviar a un sicario ao seu domicilio se non realizan un pago.

O 'modus operandi' destes ciberdelincuentes consistía en publicar falsos anuncios en páxinas de contactos, onde se ofrecían diversos servizos de carácter sexual, de forma que tras obter o número de teléfono das persoas interesadas, os delincuentes comezaban a enviar ameazas por non acudir a un encontro ou por facerlles perder o tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade