Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen por ameazas con arma branca un home que foi xulgado por abusos a unha menor en Ribadumia

Deteñen por ameazas con arma branca un home que foi xulgado por abusos a unha menor en Ribadumia

O home presentouse na vivenda e ameazou de morte a parella da súa irmá mentres portaba un machete de cociña

Os axentes localizárono na casa de seu pai, a pesar de que non podía estar alí porque ten unha orde de afastamento debido a unha denuncia por violencia familiar

G24.gal 07/10/2024 09:47 Última actualización 07/10/2024 11:31

A Garda Civil detivo nas últimas horas un arousán que ameazou a súa irmá cun machete e que fora xulgado hai uns días por abusar dunha menor. Ocorreu en Ribadumia, no domicilio da vítima.

O home presentouse na vivenda e ameazou de morte a parella da súa irmá mentres portaba un machete de cociña. O arrestado esixíalle que se afastara da muller. Foi ela a que logrou calmalo e conseguiu que marchara. Mentres o agredido alertou a Garda Civil, que montou un dispositivo en Ribadumia e en Meis.

Nese mesmo edificio residen o seu pai e o seu expareja, dúas persoas contra as que tamén ten orde de afastamento e que, por tanto, tamén se saltou. A Garda Civil trasladouno ao cuartel de Cambados para instruír dilixencias.

Segundo fontes da investigación, o home conta con numerosos antecedentes. Precisamente a semana pasada foi xulgado na Audiencia Provincial de Pontevedra por abusar sexualmente dunha moza de 16 anos, filla da súa parella. Impútaselle un delito de violación continuada e exhibición de pornografía a unha menor.     

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade